Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

Páxina 3 de 3,  29 contidos

jueves, 7 de abril de 2011

In Lugo leva a Chantada e A Fonsagrada os primeiros obradoiros itinerantes que organiza

070411 Curso de In Lugo en A Fonsagrada

O curso que imparte na vila chantadina é de informática e conta con 10 alumnos, mentres que o da Fonsagrada versa sobre fotografía dixital e participan outra decena de persoas

Nas instalacións do Centro de Innovación Social da Deputación -In Lugo- desenvólvense ó longo desta semana clases sobre DNI Electrónico, alfabetización informática e fotografía dixital, para as que se esgotaron as prazas

Ler máis...

Aberto o prazo para solicitar as 30 bolsas de emprego que oferta a Deputación no campo da innovación

As persoas interesadas deben descargar o formulario pinchando aquí e presentar antes do 12 de abril a documentación no Rexistro da sede do organismo provincial

Poden demandalas titulados lucenses no paro e ofrecen 6 meses de traballo remunerado facendo traballos tecnolóxicos nunha entidade sen ánimo de lucro

Ler máis...

Gómez Besteiro presenta as primeiras 30 bolsas de emprego no sector da innovación da provincia

310311 Presentación das primeiras 30 bolsas de emprego no ámbito da innovación da provincia

Están dirixidas a titulados lucenses en paro, e ofertan 6 meses de traballo remunerado desenvolvendo proxectos tecnolóxicos en entidades sen ánimo de lucro que contarán cun novo servizo sen custe algún

O prazo de inscrición abrirase do 4 ó 14 de abril. Os interesados deberán descargar o formulario da web www.deputacionlugo.org, e presentar a documentación no Pazo provincial

Os 6 colectivos beneficiados son: CETAL, AJE, as asociacións de Empresarias de Lugo e a Empresarial de Industria de Transformación do Polígono CEAO, así como os Campus de Coruña e Santiago

Ler máis...

O Centro de Innovación Social cubre as 15 prazas dun curso de ofimática básica

300311 Curso de Ofimática básica

Os alumnos aprenden a manexar os programas informáticos Word, Excel e Power Point nestas clases, que se desenvolven ata mañá, de 11:00 a 13:00 horas

In Lugo organizou para hoxe, no marco do Día Internacional da Liberdade de Documentos, unha xornada de portas abertas na que os veciños puideron achegarse ás súas instalacións para descargar de balde os programas OpenOffice e LibreOffice

O seminario para mostrar a empresarios e emprendedores como posicionarse nas redes sociais continúa este sábado, en horario de 10:00 a 14:00

Ler máis...

Xornada de celebración do Día do Documento Libre

In Lugo súmase hoxe ós actos organizados con motivo do Día da Liberdade dos Documentos, unha celebración de carácter internacional. Durante esta xornada, os lucenses poderán achegarse as instalacións de In Lugo para que lles sexa instalado na súa computadora o programa OpenOffice ou LibreOffice.

Ler máis...

In Lugo organiza unhas xornadas para mostrar ás empresas como posicionarse nas redes sociais

Están inscritos unha vintena de empresarios e emprendedores, que coñecerán os métodos existentes para incrementar a visibilidade do seu negocio en Internet

O curso comeza este sábado e continuará os días 2, 9, 16 e 30 de abril, sempre en horario de 10:00 a 14:00 horas

O centro tamén desenvolverá entre o 28 e o 31 de marzo un curso de ofimática básica, no que os 15 inscritos aprenderán a manexar os programas Word, Excel e Power Point

Ler máis...

Programación de In Lugo do mes de marzo

Todas as personas interesadas en obter información sobre as distintas actividades que desenvolverá In Lugo no presente mes poden descargar o documento que figura adxunto neste apartado.

Ler máis...

Cubertas as 15 prazas dun curso de alfabetización informática que imparte ¿In Lugo¿

160311 Curso alfabetización informática

Os participantes aprenden a manexar o ordenador, a navegar por Internet e a usar o correo electrónico nestas clases, que se desenvolven ata mañá xoves, en horario de 12:00 a 14:00

No marco do seu programa de actividades, todas gratuítas, o Centro de Innovación Social prepara unhas xornadas para mostrar ás empresas como posicionarse nas redes sociais

Ler máis...

A Deputación crea emprego no campo do benestar social co centro ¿In Lugo¿, pioneiro en Galicia

010311 Inauguración del centro In Lugo

O Centro de Innovación Social adicarase a desenvolver e probar produtos e servizos que melloren a calidade de vida das persoas, o que xerará postos de traballo nun dos nichos de emprego máis importantes da provincia

O proxecto, cofinanciado nun 89% polo Ministerio de Industria, aforrará cartos ás empresas ó darlles a posibilidade de facer probas con público real e experimentar cos seus produtos antes de arriscarse no mercado

Un variado programa de actividades itinerantes e gratuítas achegará as novas tecnoloxías á poboación. Destacan unhas xornadas que ensinarán ás empresas como posicionarse nas redes sociais

Ler máis...

Páxina 3 de 3,  29 contidos

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org