Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

Páxina 2 de 3,  29 contidos

miércoles, 25 de mayo de 2011

O Centro de Innovación Social ofrece unha xornada divulgativa sobre os coidados a dependentes

O Centro de Innovación Social ofrece unha xornada divulgativa

Unha quincena de persoas, entre traballadores sociais e representantes de asociacións, participaron na actividade, que consistiu nunha conferencia e unha demostración sobre distintas axudas técnicas ó alcance dos coidadores

In Lugo ten en marcha esta semana cursos sobre como crear un blog, o manexo de Open Office, fotografía dixital, ¿Lembranza Fotográfica¿ e uso do móbil

O centro creado pola Deputación ten lista a programación de actividades para o mes de xuño, que inclúe 14 cursos, gratuítos e dirixidos a tódalas idades

Ler máis...

sábado, 14 de mayo de 2011

Medio centenar de persoas participa no taller sobre o uso empresarial dos blog organizado por In Lugo

Os participantes nas xornadas celebradas este sábado nas instalacións do Centro de Innovación Social, posto en marcha pola Deputación, coñeceron como sacarlle o máximo proveito á utilización desta plataformas de Internet no seu negocio 


 In Lugo ofrecerá a próxima semana dous cursos de informática: un entre os días 16 e 19 sobre o programa Open Office, e outro o 18 e o 19, acerca da xestión de datos

Ler máis...

martes, 10 de mayo de 2011

In Lugo acolle a presentación dun novo servizo de atención a maiores e dependentes a través de Internet

In Lugo acolle a presentación dun novo servizo de atención a maiores e dependentes a través de Internet

Unha vintena de traballadores sociais e representantes de empresas acudiron á demostración, que responde ós obxectivos do centro de desenvolver e probar novidosos produtos e servizos que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas

Un grupo de investigación da Universidade da Coruña deseñou o dispositivo presentado, que posibilita ós usuarios manter a través da Rede unha comunicación audiovisual directa e as 24 horas do día cun servizo asistencial

O Centro de Innovación Social organiza o sábado un taller gratuíto para ensinar a empresarios e emprendedores como sacarlle o máximo proveito ó uso dos blogs no seu negocio. Hai 50 prazas dispoñibles

Ler máis...

miércoles, 4 de mayo de 2011

O Centro de Innovación Social impartirá en maio 20 cursos para fomentalo uso das novas tecnoloxías

040511 O Centro de Innovación Social impartirá en maio 20 cursos para fomentalo uso das novas tecnoloxías

A programación, cun total de 265 prazas, inclúe obradoiros de DNI Electrónico, iniciación á informática, internet, redes sociais e creación de blogs, entre outros

In Lugo levará este mes as súas actividades itinerantes de formación á Fonsagrada e Castro de Rei. Tamén desenvolve un obradoiro de busca activa de emprego para os usuarios de Proyecto Hombre de Lugo

Ler máis...

sábado, 30 de abril de 2011

Resoltas as becas no sector da innovación

A Deputación publicou no taboleiro de anuncios e aquí o resultado das probas de selección das bolsas remuneradas con 800 euros mensuais

As 30 persoas que acadaron a maior puntuación deberán entregar, antes do xoves, no Rexistro do Pazo de San Marcos, un escrito especificando se aceptan ou denegan a beca

Os beneficiados traballarán durante 6 meses en empresas e asociacións sen ánimo de lucro que obterán, sen custe algún, servizos tecnolóxicos

Ler máis...

lunes, 25 de abril de 2011

Máis de 200 persoas optan ós postos de emprego que ofrecen o In Lugo e as últimas prazas do Lugo Emprega

79 parados comezaron hoxe as probas para ós 7 postos de emprego que ofrece o organismo provincial dentro da cota de discapacitados do plan co que xa 711 persoas están a pleno rendemento nos Concellos da provincia

Os seleccionados comezarán a traballar no Pazo de San Marcos, no Museo e no Pavillón de Deportes durante a 1ª semana de maio

A Deputación concluíu hoxe as probas para acceder ás 30 bolsas de innovación convocadas polo In Lugo, nas que participaron 129 desempregados

Ler máis...

miércoles, 20 de abril de 2011

Publicados os resultados da 1º proba de selección das bolsas de emprego no sector da innovación

Trátase da avaliación do expediente académico, a experiencia profesional, e a memoria do proxecto a desenvolver dos 129 lucenses titulados en paro participantes neste proceso

O vindeiro luns, 25 de abril, comezarán na sede do ¿In Lugo¿ as entrevistas persoais, última fase previa á resolución das 30 becas remuneradas con 800 euros mensuais

Os beneficiados traballarán durante 6 meses desenvolvendo proxectos tecnolóxicos que obterán, sen custe algún, empresas sen ánimo de lucro

Ler máis...

viernes, 15 de abril de 2011

129 persoas optan ás bolsas de emprego no sector da innovación

A Deputación publicou este venres, tanto no taboleiro de anuncios como aquí, a listaxe de admitidos no proceso de selección das 30 becas remuneradas

O seguinte paso será a avaliación do expediente académico, a experiencia profesional e a memoria do proxecto de cada solicitante, cuxos resultados se coñecerán o 20 de abril

Os beneficiados traballarán durante 6 meses desenvolvendo proxectos tecnolóxicos que obterán, sen custe algún, empresas sen ánimo de lucro

Ler máis...

martes, 12 de abril de 2011

Máis de 20 empresas e organismos interésanse polas axudas do Goberno central para novas tecnoloxías

120411 Xornada informativa sobre o Plan Avanza dirixida a autónomos e empresas

Participaron na xornada que organizou a Deputación para informar do Plan Avanza 2, destinado a favorecer a través das TIC o incremento da competitividade e a produtividade, recortar custes e xerar novas ideas empresariais

O programa do Ministerio de Industria está dotado de 682 millóns de euros e del pódense beneficiar empresas, organizacións empresariais e entidades sen ánimo de lucro

Ler máis...

viernes, 8 de abril de 2011

A Deputación informará o martes das axudas que concede Industria ás empresas para impulsar as TIC

Trátase das subvencións e préstamos contemplados no Plan Avanza 2, dotado con 682 millóns de euros e do que se poden beneficiar organizacións empresariais e sociedades sen ánimo de lucro

A sesión informativa terá lugar ás 20:00 horas no Centro de Innovación Social In Lugo e os interesados poden inscribirse enviando un correo electrónico a inlugo@deputacionlugo.org ou ben chamando ó 982.22.51.86

Ler máis...

Páxina 2 de 3,  29 contidos

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org