Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

Páxina 1 de 4,  34 contidos

viernes, 21 de diciembre de 2012

A Deputación aforrou 110.000 euros a 44 PEMES custeándolles auditorías para impulsar o seu negocio coas novas tecnoloxías

Como colofón do Plan de Dinamización do Uso das TIC nas PEMES, este venres celébrase no In Lugo un encontro divulgativo, no que unha vintena de pequenos empresarios e autónomos coñecen con casos reais os beneficios de incorporar melloras tecnolóxicas

Os 50 beneficiarios das auditorías tecnolóxicas valoran o asesoramento técnico especializado que obtiveron grazas á iniciativa do organismo provincial e móstranse interesados maioritariamente por difundir a súa actividade a través redes sociais

Ler máis...

viernes, 14 de diciembre de 2012

Arrinca a 1ª das xornadas de portas abertas Educ@TIC que amosarán as utilidades das novas tecnoloxías ós rapaces

Ducias de rapaces de 10 a 14 anos poderán participar na primeira das dúas xornadas de sensibilización e difusión das TIC organizadas polo Centro de Innovación Social da Deputación de Lugo (CIS), coas que tamén coñecerán máis da actividade do Centro

Os obradoiros de creación audiovisual, realidade aumentada ou imaxes 3D, así como a entrega de agasallos e diplomas reeditaranse mañá nas instalacións do CIS en horario de 16:00 a 20:30 horas

Ler máis...

jueves, 13 de diciembre de 2012

O Centro de Innovación Social achega as novas tecnoloxías ós rapaces da provincia cunhas xornadas de portas abertas

Trátase da campaña Educ@TIC, que pretende sensibilizar e promover a difusión e emprego das novas tecnoloxías implantadas e futuras así como a actividade do Centro de Innovación Social da Deputación de Lugo (CIS) entre os máis novos

As actividades desenvolveranse o 14 e 15 de decembro de 16:00 a 20:30 horas nas instalacións do CIS, e consistirán en obradoiros de creación audiovisual, realidade aumentada ou imaxes 3D, así como na entrega de agasallos e diplomas

Ler máis...

lunes, 3 de diciembre de 2012

A Deputación imparte mañá na Milagrosa unha conferencia para pais e nais sobre o uso responsable de Internet

A xornada, que e gratuíta e aberta ó público ás 19:30 horas no Centro de Servizos Sociais da Milagrosa, resposta á petición realizada pola ANPA do colexio de Paradai ó In Lugo

Ler máis...

viernes, 27 de enero de 2012

A Deputación ofrece 70 novas bolsas de emprego en Europa para favorecer a inserción laboral dos mozos titulados da provincia

A Deputación ofrece 70 novas bolsas de emprego en Europa para favorecer a inserción laboral dos mozos titulados da provincia

O Presidente anuncia que Unión Europea, ¿revalidando a súa confianza¿ no organismo provincial, concedeulle dentro do plan Leonardo da Vinci dous programas de becas para titulacións relacionadas co medio ambiente, novas tecnoloxías, e imaxe e son

As accións formativas, a custe cero para os participantes, están dotadas con 290.000 euros, dos que a UE achega o 70%, e permitirán ós xóvenes facer prácticas en empresas de 6 países europeos

Gómez Besteiro presidiu este venres no centro In Lugo a clausura das primeiras bolsas medioambientais da provincia, ofrecidas pola Deputación ó abeiro do Lug02, e grazas ás que preto do 50% dos beneficiarios atoparon traballo

Ler máis...

viernes, 27 de enero de 2012

30 empresarios lucenses coñecen como promocionar os seus negocios en Internet no curso que arranca hoxe no In Lugo

30 empresarios lucenses coñecen como promocionar os seus negocios en Internet no curso que arranca hoxe no In Lugo

O seminario Community Management para PEMES mostrará como gañar presenza na Rede para mellorar a comunicación cos clientes e incrementar a competitividade e beneficios

As clases desenvolveranse tódolos venres ata o 24 de febreiro, en horario de 16:00 a 20:00 horas, nas instalacións do Centro de Innovación Social

Ler máis...

martes, 24 de enero de 2012

Comeza este venres o curso do In Lugo para impulsar ós autónomos e PEMES da provincia coas Redes Sociais

Trátase de Community Management, un seminario que amosará como gañar presenza en Internet para mellorar a comunicación cos clientes e incrementar beneficios

Un exemplo dos beneficios que supoñen as Redes Sociais é DELL que logrou 3 millóns de dólares en vendas directas mediante esta canle logo de situarse en Twitter

A boa acollida desta acción formativa foi tal que a Deputación incrementou o número de prazas ata as 30 logo de que os demandantes duplicasen a oferta inicial

Ler máis...

lunes, 16 de enero de 2012

30 desempregados melloran as súas posibilidades de inserción laboral grazas a un curso de redes sociais iniciado hoxe no In Lugo

30 desempregados melloran as súas posibilidades de inserción laboral grazas a un curso de redes sociais iniciado hoxe no In Lugo

O seminario Internet, o noso mellor aliado na busca de emprego desenvolverase nas instalacións do Centro de Innovación Social ata este venres, en horario de 10:00 a 14:00

O In Lugo impartirá tódolos venres entre entre o 27 de xaneiro e o 24 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas, o curso Community Management para PEMES, dirixido a mellorala competitividade das pequenas e medianas empresas

Ler máis...

sábado, 14 de enero de 2012

A Deputación incrementou as prazas dos cursos do In Lugo sobre redes sociais ante a avalancha de solicitudes

A nova andaina do In Lugo arranca con accións formativas para potenciar a inserción laboral e a competitividade das PEMES

A primeira das accións formativas, Internet: o noso mellor aliado na busca de emprego, arranca o luns con 30 inscritos e desenvolverase nas instalacións do Centro de Innovación Social ata o venres, en horario de 10:00 a 14:00

O seminario de Community Management para PEMES, dirixido a mellorala competitividade das pequenas e medianas empresas, impartirase con outros 30 participantes tódolos venres entre o 27 de xaneiro e o 24 de febreiro, de 16:00 a 20:00 horas

Ler máis...

Páxina 1 de 4,  34 contidos

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org