Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

A Deputación ensinará ós maiores da provincia a mellorar a súa calidade de vida coas novas tecnoloxías

Alfredo Llano e Pablo Rivera presentaron a nova programación de obradoiros gratuítos que organiza a Fundación TIC no INLugo para mellorar a calidade de vida do maiores da provincia

Usar Internet para aprender, comprar ou pedir cita no médico; aprender a empregar o móbil e as cámaras dixitais, ou mellorar a memoria e a coordinación coas TIC son algúns dos seus contidos

Son 15 cursos con 160 prazas, e para inscribirse só é necesario cubrir un pequeno formulario dispoñibles na web www.deputacionlugo.org. Máis información nesta mesma páxina web ou no teléfono 982-225-186

FOTO A Deputación ensinará ós maiores da provincia a mellorar a súa calidade de vida coas novas tecnoloxías

O Deputado de Economía do Coñecemento, Emprendedores e Innovación, Alfredo Llano; e o Director de Fondos Europeos da Deputación de Lugo, Pablo Rivera, presentaron esta mañá a nova programación do cursos e obradoiros que acolle o Centro de Innovación Social InLugo. Estes cursos están organizados pola Fundación TIC, á que a Deputación de Lugo ten encomendadas as tarefas de promocionar actividades dirixidas ó fomento da educación, a investigación e o desenvolvemento das novas tecnoloxías entre lucenses de todas as idades.

Neste caso son as persoas maiores as destinatarias desta programación formativa, especialmente pensada para aumentar a súa autonomía e mellorar as súas capacidades cognitivas e funcionais. Segundo subliñou Alfredo Llano, ¿dende Deputación mantemos o noso compromiso de ofrecer a todos os lucenses, con independencia das súas idades e capacidades, o maior número posible de actividades e recursos relacionados coas novas tecnoloxías¿. Deste xeito, ¿as TIC contribúen á comunicación e ó intercambio de ideas como mecanismos para mellorar da calidade de vida e corrixir as posibles desigualdades sociais¿, destacou o Deputado.

Pola súa banda, Pablo Rivera avanzou que estas 15 accións formativas ¿10 cursos e 5 obradoiros-, ¿teñen un enfoque interxeracional, posto que pretendemos a colaboración entre lucenses de diferentes idades, por exemplo, dos avós cos netos. Ademais buscamos un enfoque práctico: os maiores poderán aprender a pedir cita no médico por Internet; a comunicarse coa familia que viva lonxe; a comprar dende a casa; aprenderán a sacarlle o máximo partido ó teléfono móbil, etc., é dicir, están pensados no día a día dos nosos maiores¿

160 prazas gratuítas

Os cursos e obradoiros dispoñibles, que poñen a disposición dos lucenses 160 prazas de xeito totalmente gratuíto, son os seguintes:

Atréveste con Internet? Axudámosche. Neste caso están organizadas tres edicións
Obradoiro Xogamos coa mente
Obradoiro Aprende, comparte e retoca as túas fotografías
Organízate co teu móbil
Obradoiro Mantemos en forma o cerebro
Que podo facer co DNI-e?
Atréveste a decubrir o ioga? Comeza a practicalo coa Wii
O inglés e as tecnoloxías. Queres aprender?
Obradoiro Ximnasia mental coa tablet
Internet axúdache coas compras de Nadal
Obradoiro Xogamos co corpo
Ola, escóitasme? Deséxoche un feliz Nadal! (Uso do Skype)
Avós e netos: aprendendo xuntos Seguridade Vial

Os cursos darán comezo a partires do vindeiro 14 de outubro e continuarán ata finais de ano.

Máis información e inscricións

Os interesados en participar, poden facelo a través da páxina www.deputacionlugo.org, na que atoparán máis información acerca de datas e horarios de celebración. Do mesmo xeito, poden poñerse en contacto no teléfono 982-225-186. Tendo en conta que as prazas son limitadas, as inscricións realizaranse por rigorosa orde de solicitude.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org