Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

Arrinca a 1ª das xornadas de portas abertas Educ@TIC que amosarán as utilidades das novas tecnoloxías ós rapaces

Ducias de rapaces de 10 a 14 anos poderán participar na primeira das dúas xornadas de sensibilización e difusión das TIC organizadas polo Centro de Innovación Social da Deputación de Lugo (CIS), coas que tamén coñecerán máis da actividade do Centro

Os obradoiros de creación audiovisual, realidade aumentada ou imaxes 3D, así como a entrega de agasallos e diplomas reeditaranse mañá nas instalacións do CIS en horario de 16:00 a 20:30 horas

O Centro de Innovación Social posto en marcha pola Deputación de Lugo convértese dende hoxe nunha gran aula na que se darán a coñecer ós lucenses máis novos as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías, así como a actividade do Centro. Isto será posible grazas á primeira das dúas xornadas do programa gratuíto Educ@TIC, no que, mediante a experimentación directa dos propios rapaces traballando en grupo ¿todos eles contan con idades comprendidas entre os 10 e os 14 anos-, o CIS pretende sensibilizar á mocidade lucense con respecto ás novas tecnoloxías, tanto implantadas coma futuras.

A sede do Centro de Innovación Social; a carpa instalada na terraza superior do propio edificio e os xardíns que o rodean serán os escenarios nos que os nenos e nenas que tomen parte na programación poderán experimentar o traballo dos profesionais dos medios audiovisuais, mediante a realización de secuencias televisivas e programas de radio nos que eles exercerán o papel de protagonistas. Tamén coñecerán cales son os avances en novas tecnoloxías que agardan no futuro inmediato; fabricarán as súas propias gafas para ver imaxes tridimensionais ou vivirán con emoción a experiencia da realidade aumentada empregando cadanseu ordenador.

Nova xornada o sábado

Aqueles rapaces que hoxe non poidan tomar parte nestas actividades gratuítas, teñen unha nova oportunidade este sábado, tamén en horario de 16:00 a 20:30 horas. Para elo só hai que achegarse ata a sede do CIS, situada na rúa Frei Plácido Rei Lemos da capital lucense. Unha vez alí, recibirán un folleto no que atoparán información acerca de todo o que poderán experimentar durante a tarde. Como peche da xornada, tamén serán obsequiados cunha pequena merenda como despedida do día, e un diploma que acreditará a súa participación no Educ@TIC.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org