Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

A Deputación ofrece 70 novas bolsas de emprego en Europa para favorecer a inserción laboral dos mozos titulados da provincia

O Presidente anuncia que Unión Europea, ¿revalidando a súa confianza¿ no organismo provincial, concedeulle dentro do plan Leonardo da Vinci dous programas de becas para titulacións relacionadas co medio ambiente, novas tecnoloxías, e imaxe e son

As accións formativas, a custe cero para os participantes, están dotadas con 290.000 euros, dos que a UE achega o 70%, e permitirán ós xóvenes facer prácticas en empresas de 6 países europeos

Gómez Besteiro presidiu este venres no centro In Lugo a clausura das primeiras bolsas medioambientais da provincia, ofrecidas pola Deputación ó abeiro do Lug02, e grazas ás que preto do 50% dos beneficiarios atoparon traballo

A Deputación ofrece 70 novas bolsas de emprego en Europa para favorecer a inserción laboral dos mozos titulados da provincia

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, anunciou este venres que a institución ofrecerá 70 novas bolsas de emprego en países europeos para incrementar as posibilidades de inserción laboral dos mozos titulados lucenses e impulsar deste xeito o desenvolvemento socioeconómico da provincia. Esta nova liña de actuación, a custe cero para os participantes, ¿é posible grazas á confianza que de novo depositou en nós a Unión Europea, concedéndonos a través do plan de formación permanente Leonardo da Vinci dous programas de becas para titulacións relacionadas co medio ambiente, as novas tecnoloxías, e imaxe e son¿, explicou Gómez Besteiro, ademais de recalcar que ¿fomos a segunda entidade galega á que lle outorgaron un maior número de prazas na convocatoria de 2011 e a única Deputación galega á que lle aprobaron dous programas¿. Estas bolsas, as primeiras Leonardo da institución luguesa, están dotadas cun total de 290.000 euros (3.400 por becario), dos que a UE achega o 70%. Os beneficiarios farán prácticas en empresas de 6 países europeos (Alemaña, Austria, Italia, Portugal, República Checa e Reino Unido) durante períodos de entre 3 e 4 meses.

O mandatario provincial deu a coñecer esta nova iniciativa durante a clausura das primeiras becas medioambientais da provincia, que a Deputación puxo en marcha tamén con fondos europeos, neste caso ó abeiro do Lug02. Preto do 50% dos participantes (8 de 18) atoparon traballo grazas á formación especializada e experiencia que adquiriron a custe cero durante 12 meses, 4 deles traballando en países europeos e outros 8 na provincia. No acto, celebrado no Centro de Innovación Social In Lugo, o Presidente entregou un certificado de participación ós 18 beneficiarios e ás empresas colaboradoras. Gómez Besteiro deu os seus parabéns ós mozos polas ¿súas gañas de saír adiante e de especializarse nas súas áreas profesionais, demostrando que en Lugo temos moi boa canteira profesional¿, e tamén ós empresarios por xuntar esforzos coa administración pública co fin de ofrecer ¿alternativas de futuro ós nosos xóvenes¿.

Os beneficiarios das becas son 18 mozos empadroados na provincia que estaban no paro, cunha idade comprendida entre os 25 e os 30 anos e que acadaron entre 2007 e 2010 unha titulación en enxeñerías medioambientais, agropecuarias e industrias agroalimentarias ou turismo. O proxecto, desenvolvido entre xaneiro de 2011 e xaneiro deste ano, tivo dúas partes:

- Prácticas durante 4 meses nos 7 países europeos con máis proxección e nos que a posibilidade de adquirir novos coñecementos que se poidan aplicar na provincia é maior (Reino Unido, italia, República Checa, Portugal, Alemaña e Austria).

- Prácticas ó longo de 8 meses en empresas do ámbito de actuación do programa Lug02, é dicir, os territorios das tres Reservas da Biosfera da provincia (Terras do Miño, Os Ancares Lucenses e Río Eo, Oscos e Terras de Burón) e a comarca do Courel.

Tendo en conta que para algúns participantes o desprazamento podía supoñerlles un problema económico, a Deputación e a Unión Europea fixéronse cargo dos custes da viaxe de ida e volta, do aloxamento, manutención e dos gastos dos organismos de acollida da cidade de destino. Así mesmo, durante a estancia nas empresas asentadas nas Reservas da Biosfera e O Courel recibiron 1.000 euros mensuais.

¿Estamos no bo camiño¿

O satisfactorio balance das becas Lug02, cunha porcentaxe de inserción laboral próxima ó 50%, revela que este tipo de iniciativas ¿son eficaces para dinamizar o mercado laboral e indícannos que estamos no bo camiño, que temos que seguir formando á mocidade nas profesións con máis futuro e seguir poñéndoa en contacto co mundo laboral para loitar contra o desemprego e impulsar a economía da provincia¿, subliñou o Presidente. O proxecto tamén pon de manifesto, engadiu Gómez Besteiro, que ¿a chave da saída da crise non está soamente nos recortes, que incluso poden agravar a situación, senón nunha xestión eficaz, en establecer prioridades, e a xuventude é unha das nosas prioridades porque é o noso futuro e porque está sendo un dos sectores de poboación máis castigados polo paro¿. Deste xeito, segundo lembrou o Presidente, dos 25.400 desempregados cos que terminou o ano 2011 na provincia, o 22% son menores de 30 anos de idade. Por todo isto, a Deputación está a impulsar novas becas como as Leonardo da Vinci, que se suman ás de Lug02 recén terminadas e ás xa ofrecidas de innovación e artesanía e deseño, ademais de continuar grazas ós fondos europeos co Pacto Provincial polo Emprego, que na súa primeira fase formou e insertou laboralmente a 576 desempregados. A segunda fase terá un orzamento de 3,5 millóns de euros.

Características das becas Leonardo

O plan Leonardo da Vinci está financiado pola Comisión Europea a través do Programa de Aprendizaxe Permanente e ten por obxectivo desenvolver unha man de obra cualificada en Europa mellorando a súa formación.

Os programas de becas Leonardo que desenvolverá a Deputación, os primeiros que lle foron outorgados, son os seguintes:

- O denominado LugoJob, solicitado pola Deputación, conta con 50 prazas. Está dirixido a mozos da provincia menores de 35 anos de idade con titulación universitaria acadada nos últimos catro anos e que se atopen en desemprego, preferentemente sen experiencia laboral previa. As titulacións deberán estar relacionadas co medio ambiente e as novas tecnoloxías, sectores cun gran potencial de desenvolvemento na provincia. Os beneficiarios farán prácticas durante 4 meses en empresas de Hamburgo (Alemaña), Viena (Austria), Florencia (Italia), Lisboa (Portugal), Praga (República Checa), e Belfast e Cork (Irlanda). A dotación económica é de 213.000 euros, dos que 152.000 serán achegados pola UE.

- Un programa xestionado pola Fundación TIC que ten 20 prazas, especificamente destinadas ós titulados da Escola de Imaxe e Son (EIS) que terminaran nos últimos tres anos os estudios de Produción de Radio, Audiovisuais e Espectáculos, ou de Realización de Audiovisuais e Espectáculos. Darase prioridade a persoas en situación de desemprego e a aqueles participantes que non poidan acceder a este tipo de prácticas laborais no estranxeiro por razóns económicas. O período de prácticas será de 3 meses en empresas de Belfast (Irlanda), Modena (Italia) e Lisboa (Portugal). O orzamento é de 78.500 euros, dos que Europa financia 58.500. Con estas bolsas, a TIC potencia as medidas de inserción laboral que xa está a desenvolver. Na actualidade, a Fundación mantén contrato con máis de 60 empresas nacionais do sector multimedia. Esta liña de colaboración permite que os alumnos e titulados da EIS leven a cabo traballos profesionais que lles facilitan a súa incorporación ó mercado laboral. Ademais, a TIC mantén convenios de colaboración con medio cento de ONGs, asociacións culturais, entidades deportivas e empresas tecnolóxicas para difundir o seu labor mediante a realización de proxectos audiovisuais nos que participan alumnos e bolseiros da Escola para complementar a súa formación práctica.

Prazo de inscrición

A institución provincial informará puntualmente a través das páxinas web www.deputacionlugo.org e www.fundaciontic.org da data de apertura do prazo de inscrición de ámbolos dous programas de bolsas de emprego, que en calquera caso non terá lugar ata despois do verán.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org