Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

A Deputación achega as novas tecnoloxías ós máis pequenos cunha novidosa programación no In Lugo

Lara Méndez presentou o programa ¿LudoTIC¿ formado por 4 obradoiros, totalmente gratuítos, que se desenvolverán dende o 27 de xuño ó 26 de agosto na sede do Centro. A inscrición realizarase no correo inlugo@deputacionlugo.org ou chamando ó 982 22 51 86

A través desta iniciativa continuarase co obxectivo para o que foi creado o CIS: achegar as novas tecnoloxías ós cidadáns, especialmente ós máis desfavorecidos

O organismo provincial inaugurou en marzo o 1º Centro de Innovación Social de Galicia, co que deu traballo a preto de 60 desempregados da provincia, reducirá a fenda dixital na provincia e fomentará o avellentamento activo

A Deputación achega as novas tecnoloxías ós máis pequenos cunha novidosa programación no In Lugo

A Vicepresidenta Segunda da Deputación en funcións, Lara Méndez, presentou este martes o programa ¿LudoTIC¿ que organizou para nenos o primeiro centro de innovación social da provincia promovido polo organismo provincial e cofinanciado polo Ministerio de Industria nun 88,9% a través do Plan Avanza. Deste xeito, tal e como explicou Lara Méndez, a través desta iniciativa ¿continuaremos desenvolvendo o obxectivo para o que foi creado o Centro: achegar as novas tecnoloxías á cidadanía para mellorar a calidade de vida das persoas, especialmente da terceira idade e dependentes. Facer perder o medo o uso das TICs ós maiores e que os máis novos coñezan os xogos de antes é o contido dalgunha das actividades propostas¿.

As actividades darán comezo o luns 27 de xuño e rematarán o 26 de agosto. Son totalmente gratuítas e desenvolveranse no propio Centro, emprazado no segundo andar da Escola de Imaxe e Son, situada na rúa Frei Prácido Rei Lemos. A inscrición poderá realizarse a través do correo electrónico inlugo@deputacionlugo.org, ou chamando ó número de teléfono 982 22 51 86. O número de prazas por cada actividade é de 10 persoas para conseguir que a participación sexa o máis efectiva posible.

O programa está formado por 4 obradoiros, dirixidos a rapaces de entre 6 e 12 anos. Estes desenvolveranse de 10:00 a 14:00 horas. Son os seguintes:

- ¿Tarxetas de felicitación¿. Os participantes inscritos realizarán tarxetas de felicitación personalizadas a través de internet e do procesador de textos, conseguindo deste xeito que se introduzan de forma lúdica e divertida no uso das novas tecnoloxías. Impartirase os luns.

- ¿Aprendemos xogando¿. Este curso está divido en dúas partes, na primeira explicarase de forma divertida o uso das novas tecnoloxías, empregando a plataforma de baile, xogarase coa cámara web, e coñecerase o uso do bolígrafo dixital ou libro electrónico. Nunha segunda parte, os asistentes poderán personalizar debuxos, camisetas, gorros ou calquera prenda de vestir empregando o papel transfer (papel empregado para impresoras que permite que, logo de impreso o deseño escollido, a través dunha plancha quente, se poida pasar o debuxo á prenda desexada). Celebrarase os martes e os xoves.

- ¿Mañás de verán¿. Neste caso, o obxectivo é que os rapaces coñezan tanto os xogos tradicionais como as últimas novidades dos videoxogos, ó mesmo tempo que aprenden valores como traballar en equipo ou o compañeirismo. Desenvolverase os luns e os mércores de cada semana.

- ¿Avós e netos¿. Trátase dun campionato formado por parellas de avós e netos en diversos xogos tanto tradicionais como de última xeración. O obxectivo principal é achegar as novas tecnoloxías á xente maior, facendo partícipes ós máis pequenos. Impartirase os martes, mércores e xoves.

Ademais destas actividades, o 1º Centro de Innovación Social en Galicia (In Lugo) continúa a desenvolver a programación deseñada para este mes. Son en total 28 cursos, obradoiros e seminarios que, de xeito totalmente gratuíto, achegan as vantaxes das novas tecnoloxías ós lucenses co obxectivo de mellorar a súa calidade de vida. Na convocatoria deste mes, o organismo provincial ofrece máis de 400 prazas a persoas de todas as idades. Precisamente, hoxe rematou o curso de ¿Sixpac¿, que se está a desenvolver no local social da Asociación de San Martiño de Vilelos do Saviñao, logo de que a entidade fixese esta petición ó ¿In Lugo¿.

Un centro pioneiro na Comunidade

O Centro de Innovación Social (CIS) conta cun orzamento de 1,5 millóns de euros, dos que o Goberno central aportou 1,3 e o resto a Deputación, e atópase na segunda pranta do mesmo inmoble no que funciona a Fundación TIC, na antiga casa cuna. Está adicado a desenvolver e probar novidosos produtos e servizos baseados nas novas tecnoloxías que axuden a mellorar a calidade de vida das persoas, especialmente da terceira idade e dependentes. En España só funcionan iniciativas semellantes en Cataluña e o País Vasco, pero ningunha delas está enfocada ó benestar social, como neste caso.

Con esta iniciativa, o organismo provincial axudará a eliminar a fenda dixital na sociedade lucense, fomentará o avellentamento activo e impedirá o illamento dos veciños da provincia. Para elo, ademais de implicalos no desenvolvemento de novidosos produtos e servizos destinados a mellorar a súa calidade de vida, organiza diversas actividades totalmente gratuítas e dirixidas a todos os públicos, como obradoiros, cursos e seminarios, tanto nas súas instalacións, como polo resto da provincia. Ademais de xerar oportunidades laborais, este proxecto pioneiro, aforra custes ás Pemes ó ofrecerlles a posibilidade de facer probas e experimentos dos seus produtos con público real antes de arriscarse no mercado, e favorecerá un tecido empresarial máis competitivo e innovador. Coa súa posta en marcha, a Deputación xa insertou laboralmente a 27 desempregados da provincia, que conforman o equipo de xente que atende o centro, traballando cóbado con cóbado cos cidadáns, e a 30 desempregados, diplomados e licenciados, que realizan unha estadía de 6 meses de duración e perciben 800 € mensuais a través dos convenios asinados con a Universidade de Santiago de Compostela, co CETAL e coas Asociacións empresariais: ¿Mulleres empresarias¿; ¿AJE Lugo¿; e ¿Asociación de empresarios do CEAO¿.

Os interesados en tomar parte na actividade do ¿In Lugo¿ poden informarse ou inscribirse no propio centro, en horario de 9:00 a 21:00 horas, de luns a venres; os sábados, de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00, e os domingos, entre as 10:00 e as 14:00 horas; entrando na súa páxina web (www.inlugo.deputacionlugo.org) ou ben enviando un correo electrónico a inlugo@deputacionlugo.org.

Descarga do arquivo

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org