Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Actualidade

Xornada de celebración do Día do Documento Libre

In Lugo súmase hoxe ós actos organizados con motivo do Día da Liberdade dos Documentos, unha celebración de carácter internacional. Durante esta xornada, os lucenses poderán achegarse as instalacións de In Lugo para que lles sexa instalado na súa computadora o programa OpenOffice ou LibreOffice.

O Día da Liberdade de Documentos está promovido por organizacións do campo do acceso ó coñecemento, a non discriminación e o Software Libre co obxectivo de chamar a atención sobre a importancia de conservar os documentos dixitais que usan os cidadáns en formatos libres e baixo estándares abertos, e promover a adopción de formatos de documentación abertos.

Nos enlaces que figuran a continuación figura máis información sobre a celebración desta xornada. Un deles corresponde á web oficial de Google e Oracle, que recollen na súa axenda a actividade promovida por este centro de innovación social lucense.

Máis información sobre o Día do Documento Libre

Web oficial sobre o Día do Documento Libre de Google e Oracle

Enlaces Adicionales

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org