Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Liñas de actuación

As principais liñas de actuación que se desenvolverán no centro son as seguintes:
  • Execución de proxectos de innovación dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas, e moi especialmente daqueles colectivos máis vulnerables (maiores, persoas con diversidade funcional, mulleres, etc).
  • Promoción de encontros intersectoriales e interdisciplinares dirixidos á formación de consorcios e grupos de traballo para o estudo e abordaxe colaborativo de problemáticas específicas.
  • Desenvolvemento e posta en práctica de metodoloxías e instrumentos de actuación de carácter transversal que van posibilitar a articulación da participación cidadá en calquera fase do proceso de innovación.
  • Análise das tecnoloxías da información e comunicación ó obxecto de determinar a súa idoneidade e/ou aplicabilidade para solucionar problemas sociais.
  • Posta a disposición de instalacións e infraestruturas para empresas e investigadores que funcionan como contornas de análises, proba e validación dos seus produtos e servizos, permitindo ós cidadáns/usuarios participar no proceso dende unha fase inicial de deseño ata unha fase final de uso, co fin de garantir a súa empregabilidade e efectividade.
  • Recreación de escenarios de vida cotiá en contornas controladas dirixidos ó estudo de necesidades e á análise do potencial das novas tecnoloxías para a mellora da calidade de vida das persoas.
  • Conformación de Espazos Sociais de Innovación nas propias contornas de vida nas que se desenvolven a diario as persoas (living lab) dirixidos ó estudo e detección de problemas e necesidades. A devanditas persoas conferiráselles un papel protagonista en todo o proceso, coa participación conxunta de investigadores, institucións e empresas.
  • Recepción de peticións e/ou necesidades cidadás, ben a través de visitas ó centro ou ben mediante unha plataforma de colaboración cidadá.
  • Elaboración de estudos que teñan como finalidade última a promoción da innovación para a mellora da calidade de vida e/ou armonización entre as persoas e as novas tecnoloxías.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org