Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Metodoloxía de traballo

IN LUGO (Centro de Innovación Social) desenvolve unha metodoloxía de traballo que sitúa o cidadán no seu núcleo central. Así, porase en práctica un modelo de Sociedade do Coñecemento no que desenvolvemento económico e cohesión social avancen xuntos e, ademais, dende a óptica local.

IN LUGO entende que os cidadáns son capaces de xerar innovación, sempre que se lles proporcionen ferramentas e a contorna adecuada. Por iso, o centro invitará a todos os cidadáns a que colaboren estreitamente nas súas iniciativas e proxectos, trasladando as súas preocupacións, ideas e propostas de solución, de tal xeito que adquiran un rol activo no proceso de innovación.

A organización do centro, o fluxo de traballo, os procesos e sistemas estarán claramente orientados cara á posta en marcha de proxectos innovadores que poidan mellorar a nosa realidade cotiá, transformar o día a día mediante o uso práctico do coñecemento e as tecnoloxías, ata conseguir un mundo mellor para os cidadáns.

Neste sentido, cremos na innovación baseada nun coñecemento compartido e nunha aprendizaxe permanente, nunha innovación sen fronteiras xeográficas, nin físicas nin de pensamento, que poida ser unha panca clave para a mellora do benestar social.

IN LUGO basearase nun sistema que articula todas as súas actividades ó redor de tres elementos principais: ideas, propostas e proxectos.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org