Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Presentación

A Deputación de Lugo puxo en marcha un Centro experimental e do coñecemento para a xeración de proxectos innovadores que favorezan o benestar social mediante as novas tecnoloxías. Trátase de IN LUGO (Centro de Innovación Social).

O principal obxectivo que persegue este proxecto é o impulso dun modelo de crecemento social baseado nas TIC, como instrumento para a promoción da igualdade social, a mellora do benestar e a calidade de vida dos cidadáns, especialmente dos colectivos máis desfavorecidos. Isto suporá, como consecuencia, o fortalecemento da competitividade empresarial, así como a aplicación dos investimentos en I+D+i de cara á mellora do benestar cidadán.

O proxecto exponse coa metodoloxía de base dos living lab, que son plataformas de investigación que parten de distintos modelos de asociación público-privada entre empresas, entidades públicas, universidades, institutos e cidadáns. Todos estes actores colaboran para a creación, deseño de prototipos, validación e proba de novos servizos, produtos e sistemas en contextos da vida real.

O centro xerará e promoverá un espazo físico e virtual, adecuado para formar parte da rede de living lab europeos, para o desenvolvemento de proxectos TIC destinados ós colectivos con maiores dificultades de acceso á Sociedade da Información, como os maiores e as persoas con discapacidade, mulleres, desempregados con baixa cualificación ou parados de longa duración, entre outros. Asímesmo, o centro acollerá a todas as organizacións e agrupacións sociais da contorna que traballen con devanditos colectivos.

A misión de IN LUGO será mellorar a calidade de vida das persoas, buscando solucións non necesariamente sofisticadas ou complexas, senón respostas válidas para os problemas individuais da nosa realidade social.

IN LUGO converterase nunha experiencia referente a nivel nacional e internacional en innovación aberta, cunha infraestrutura de última xeración en canto a equipamentos e tecnoloxías incorporadas, preparada para facilitar un espazo de encontro entre todos os axentes, así como para organizar un esforzo común dirixido a incrementar os niveis de benestar cidadán.

O centro actuará en Lugo como catalizador da innovación, promovendo o encontro e interacción entre todos os axentes, xa que só a través dun enfoque integrador conseguiremos articular solucións efectivas e responsables para a sociedade. IN LUGO será o motor de desenvolvemento local nesta zona de baixo compoñente tecnolóxico.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org