Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Obxectivos

Os obxectivos operativos de IN LUGO son:

Xerar proxectos que incorporen novos coñecementos e acheguen un compoñente de innovación, relacionados directamente con colectivos desfavorecidos.

Potenciar a implicación de diversas organizacións na consecución de proxectos innovadores:

* Centros de investigación e tecnoloxía, oficinas de transferencia, universidades e investigadores.
* Empresas, organismos, asociacións e outras entidades relacionadas de forma directa cos colectivos obxectivo.
* Centros de formación presencial e a distancia.
* Persoas en risco de exclusión social.

Socializar e ofrecer á cidadanía en xeral, e a algúns colectivos específicos en particular (universitarios, grupos infantís e xuvenís, discapacitados, terceira idade, desempregados, etc.) oportunidades para o coñecemento de actividades e recursos relacionados coa investigación e a Sociedade da Información.

Promover sinerías e proxectos vinculados á Sociedade da Información, así como potenciar a creación de redes de coñecemento que favorezan o intercambio de ideas, o apoio entre os distintos axentes e a filosofía da colaboración e cooperación.

Trasladar á contorna empresarial e social as experiencias na ampliación dos proxectos xerados, dando lugar á creación de empresas innovadoras, xeración de emprego e unha maior interrelación e cooperación empresarial.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org