Emblema da Deputación de Lugo
Fondo cabecera In Lugo - Centro de Innovación Social

Contido e alcance do proxecto

Para conseguir que a sociedade do coñecemento e as tecnoloxías da información non supoña un aumento das diferenzas sociais, senón todo o contrario, contribúa a aumentar as oportunidades e calidade de vida de todos os cidadáns, é necesario facer especial énfase en axudar ós colectivos máis desfavorecidos no seu acceso e utilización de devanditos medios, reducindo a fenda dixital.

As tecnoloxías da información constitúen unha ferramenta moi poderosa, que pode ser utilizada para facilitar o acceso a servizos por parte destes colectivos. Por iso, a Deputación de Lugo porá en marcha un centro experimental e do coñecemento que centrará a súa actividade na aplicación das novas tecnoloxías como instrumento para a mellora do benestar social.

A principal misión do Centro de Innovación Social será mellorar a calidade de vida dos cidadáns, potenciando as capacidades dos colectivos máis desfavorecidos e utilizando as tecnoloxías da información para diminuír as diferenzas sociais. Para iso, no centro preténdese actuar simultaneamente nas seguintes áreas de actividade:
  • Facilitar o acceso ás tecnoloxías da información ós cidadáns, especialmente ós colectivos máis desfavorecidos.
  • Proporcionar un espazo de test de produtos e servizos innovadores especialmente deseñados para que estes colectivos melloren a súa calidade de vida.
  • Deseñar accións formativas especialmente dirixidas a cada un destes colectivos de interese, que lles formen sobre a base das capacidades e deficiencias que presenta cada un.

O centro perfílase como un living lab especializado en benestar social, mediante un enfoque sistémico ó fenómeno da innovación onde participan todos os actores da cadea de valor: universidade, institucións, administracións, empresa e cidadáns. Así, tanto as infraestruturas como as metodoloxías de avaliación póñense a disposición de todos estes actores, ofrecendo desta forma unha maior igualdade de oportunidades e favorecendo e apoiando a innovación alí onde pode xurdir con maior probabilidade, en moitos casos as pequenas e medianas empresas.

Información sobre el documento

IN LUGO - Centro de Innovación Social
C/ Frei Plácido Rei Lemos 2ª planta s/n – 27004 Lugo (Galicia)
Teléfono: 982 225 186 | Fax: 982 246 288
E-mail: inlugo@deputacionlugo.org