miércoles, 20 de marzo de 2013
Vinte alumnos da Escola de Imaxe e Son e profesionais da comunicación participaron nesta acción formativa, que concluíu este mércores no Centro de Innovación Social
O doutor en Xornalismo pola USC Carlos Toural analizou na sesión de hoxe casos de éxito no transmedia como Águila Roja, Salvados e Pesadilla en la cocina
martes, 19 de marzo de 2013
O Centro de Innovación Social InLugo acolle a primeira das xornadas de Técnicas de comercialización dos produtos das Reservas da Biosfera, na que se abordarán os mecanismos de dinamización da actividade social, cultural, turística e económica das Reservas.
A programación continuará ata o vindeiro día 22 coas ponencias de expertos que analizarán os produtos e recursos susceptibles de ser comercializados, así como as ferramentas máis efectivas para acadar a maior difusión e rendabilidade económica
sábado, 26 de enero de 2013
O Centro de Innovación Social da Deputación promoveu accións formativas gratuítas en 22 Concellos ó longo de 2012, encamiñadas a mostrar ós lucenses como sacar o máximo partido ás TIC na súa vida persoal e laboral, ademais de impulsar o tecido empresarial
O uso de buscadores web, o comercio electrónico, a formación en community manager, a creación de blogs e páxinas web, e o deseño de campañas de márketing on line foron as xornadas que tiveron unha maior aceptación
viernes, 21 de diciembre de 2012
Como colofón do Plan de Dinamización do Uso das TIC nas PEMES, este venres celébrase no In Lugo un encontro divulgativo, no que unha vintena de pequenos empresarios e autónomos coñecen con casos reais os beneficios de incorporar melloras tecnolóxicas
Os 50 beneficiarios das auditorías tecnolóxicas valoran o asesoramento técnico especializado que obtiveron grazas á iniciativa do organismo provincial e móstranse interesados maioritariamente por difundir a súa actividade a través redes sociais